Organiza o Servizo Galego de Igualdade, dependente da Secretaría Xeral da igualdade da Xunta de Galicia, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller, no concello de O Vicedo, un OBRADOIRO SOBRE "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES". Terá lugar o vindeiro luns, 19 de outubro, ás 10:00 horas na Casa de Cultura de O Vicedo. Está dirixido a mulleres de tódalas idades, e trataranse distintos temas: alimentación, tabaquismo e exercicio físico desde o punto de vista da saúde.
Inscricións no departamento de emprego e desenvolvemento local na Casa de Cultura, ou chamando ó 982590195, ata o venres 16 de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario