martes, 27 de julio de 2010

AXUDAS FINANCIEIRAS DO IGAPE PARA EMPRESAS

-LIÑA MICROEMPRESAS. PROGRAMA RE-IMAXINA
O proxecto investidor deberá consistir na compra de inmovilizado material (reforma e axeitamento de locais, vehiculos industriais, aplicacións informáticas,…).
A cuantía do préstamo será, como máximo, de 25.000€ e o prazo de presentación remata o día 30 de decembro de 2010.

-LIÑA PEME XOVE. PROGRAMA RE-IMAXINA
Crédito para pemes que teñan a intención de exercer a súa actividade económica en Galicia ou a veñan exercendo dende hai menos de dous anos. O obxectivo do préstamo é financiar investimentos en inmobilizado material como adquisición de terreos e edificacións, reforma e axeitamento de locais, vehículos industriais, etc.
O importe do préstamo será de 25.000€ como mínimo e 120.000 como máximo.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 30 de decembro de 2010.

-LIÑA PEME COMPETITIVA. PROGRAMA RE-IMAXINA
Para empresas que veñan exercendo a súa actividade económica dende un período de tempo superior a dous anos. O obxectivo do préstamo é financiar investimentos en inmobilizado material como adquisición de terreos e edificacións, reforma e axeitamento de locais, vehículos industriais, etc.
O importe do préstamo será de 25.000€ como mínimo e 120.000 como máximo e o prazo de presentación remata o día 30 de decembro de 2010.

-AXUDAS DE SALVAMENTO E REESTRUCTURACIÓN DE EMPRESAS EN CRISE
Orientado a empresas que pretendan acometer un plan de reestruturación que asegure a súa viabilidade futura.As axudas consistirán en concesión de garantías sobre préstamos ou créditos a curto prazo, subvencións a fondo perdido dos gastos financeiros de préstamos a longo prazo para a reestruturación de pasivos, etc.

No hay comentarios: