O contrato ten unha duración de 5 meses (dende o 9 de agosto de 2010 ata o 8 de xaneiro de 2011) e os requisitos dos canditos son os seguintes:
-Ter nacionalidade española, sen perxuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estututo Básico do empregado público, respecto do acceso de nacionais de outros estados.
-Ter cumpridos os 16 anos.
-Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade.
-Declaración xurada de non haber traballado neste Concello máis de 19 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores.
Estes requisitos deberán acreditarse antes da finalización do prazo de presentación de instancias, o cal remata ás 13 horas do día 6 de agosto de 2010. O lugar de presentación de solicitudes é o rexistro xeral do Concello de O Vicedo, no horario das oficinas municipais.
Para máis información sobre o sistema da selección e sobre o temario, consultar as bases da convocatoria expostas no taboleiro de anuncios do Concello ou pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario