Queremos recordarlles que o concello de O Vicedo organiza un curso de "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais" dirixido preferentemente a persoas desempregadas. O curso ten unha duración de 475 horas lectivas, que se impartirán de luns a venres, 5 horas diarias. En principio, o horario previsto é de 9:00 a 14:00.
A data de inicio é o 13 de xullo e a de finalización o 25 de novembro. Todo o anterior estará condicionado a que se reuna o número mínimo de alumnos/as.
Requisitos mínimos de acceso: graduado ESO, FP I, grado medio.... ou superior, certificado de profesionalidade de nivel 2 ou certificado de profesionalidade de nivel inferior da mesma familia, celga 2 ou curso de iniciación ó galego.
Os interesados deben inscribirse canto antes chamando ó 982590195, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Manuela Domínguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario