Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha
AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20,5 horas/semana), desde o próximo día 14 de xullo ata o 13 de xaneiro de 2015.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 9 de xullo, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario