jueves, 5 de junio de 2014

AXUDAS AO SECTOR AGROGANDEIRO E Ó DESENVOLVEMENTO RURAL NA PROVINCIA DE LUGO

A Excma. Deputación Provincial de Lugo publicou no día de hoxe axudas para:

Liña 1: Programa de recuperación e incorporación de terras para a posta en produción de recursos agrogandeiros, dirixido a:
- Gandeiros ou agricultores individuais.
- Agrupacións de gandeiros ou agricultores.
- Sociedades Agrarias de Transformación.
- Persoas xurídicas que ostenten a titularidade de explotacións.
- Persoas físicas ou xurídicas que asuman o compromiso da súa incorporación á agricultura.

Liña 2: Programa de mellora da mobilidade rural e posta en valor dos núcleos rurais da Provincia, dirixido a:
- Asociacións de veciños.
- Comunidades de Montes.
- Agrupacións de gandeiros ou agricultores ou de produtores forestais.
- Colectivos de usuarios.

Prazo de solicitude: desde o 6 de xuño ata o 2 de agosto de 2014.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo, con oficina sita na Casa da Cultura

No hay comentarios: