lunes, 9 de junio de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun ANIMADOR SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2014 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 18 de xuño, ás 9:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mismo día a partir das 11:30 h. na Casa da Cultura.

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local con oficina sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: