viernes, 25 de septiembre de 2015

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial (28,5 h./semana). A data de inicio prevista é o día 14  de outubro de 2015,e por un período de 6 meses

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 05 de outubro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 06 de outubro de 2015, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou chamando ó 982590195

No hay comentarios: