miércoles, 16 de septiembre de 2015

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal,  e con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO, con adscrición á organización do curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, a xornada parcial (3 horas/diarias). A data de inicio prevista é o día 24  de outubro de 2015 e a de fin 15 de decembro de 2015.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 21 de setembro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 22 de setembro de 2015, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: