Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples,
a xornada completa, con adscrición ao servizo de obras e mantemento do concello de O Vicedo, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, a través do programa DEPUEMPREGO, desde o próximo 15 de novembro de 2016 ata o 30 de outubro de 2017.
Requisitos dos candidatos/-as:
Requisitos dos candidatos/-as:
- Ter
nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do
12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó
emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido
os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en
posesión da titulación de estudios primarios ou certificado de escolaridade.
No caso de
titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite
fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada
do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 12 meses dentro
dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio
do contrato. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e
interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas
públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan
utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de
ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de
inserción personalizado.
Todos os
requisitos anteriores deberán posuírse o día en que remate o prazo de
presentación de instancias e deberán presentarse nas oficinas municipais coa
solicitude.
O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 03 de novembro. A selección realizarase o día 07 de novembro de 2016, a partir das 10:00 h., na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario