viernes, 7 de octubre de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao colexio público de O Vicedo, e por un período de seis meses, a contar a partir do próximo 28 de outubro de 2016.

O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 17 de outubro. A selección realizarase o día seguinte 18 de outubro, a partir das 10:30 h., na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: