lunes, 24 de octubre de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha ADMINISTRATIVO/-A, a xornada completa, con adscrición ao servizo de obras e mantemento do concello de O Vicedo, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, a través do programa DEPUEMPREGO, desde o próximo 15 de novembro de 2016 ata o 30 de outubro de 2017.
Requisitos dos candidatos/-as:



- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do título de bachiller ou técnico.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 12 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.

Todos os requisitos anteriores deberán posuírse o día en que remate o prazo de presentación de instancias e deberán presentarse nas oficinas municipais coa solicitude

O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 03 de novembro. A selección realizarase o día 08 de novembro de 2016, a partir das 10:00 h., na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: