Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha
AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial (29 horas/semana), para o servizo municipal de axuda no fogar. A data de
inicio prevista é o próximo día 07 de marzo de 2017 , e a duración do contrato seis meses.
Requisitos dos candidatos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do
disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do
empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros
estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a
xubilación forzosa.
- Dispor de vehículo que facilite o traslado polo
termo municipal (motocicleta, coche, etc.) co seu correspondente permiso.
- Estar en posesión da titulación de Estudios
Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesion do titulo de formacion
profesional de grao medio de atencion sociosanitaria ou equivalente, regulado
no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de
profesionalidade de atencion sociosanitaria a persoas no domicilio ou
equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se
establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de
servizos socioculturais e a comunidade.
-Declaración xurada do aspirante de non
haber traballado para este Concello máis de 18 meses dentro dos últimos 30
meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato.
Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os
contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de
emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por
empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos
sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 22 de febreiro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 23 de febreiro a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario