martes, 7 de febrero de 2017

PLAN RENOVE FIESTRAS 2017

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, covocou as axudas do PLAN RENOVE DE FIESTRAS, no DOG nº 21 do 31/01/2017.

A contía máxima das axudas será do 25% do custo da obra, cun límite de 3.000 euros por vivenda e de 50.000 por edificio.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda de particulares comezará o día 1 de marzo e finali­zará o 29 de setembro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día 31 de xaneiro de 2017 (código de procedemen­to IN412A).

No seguinte enlace http://entidadescolaboradoras.xunta.es/adhesion/consulta/ poderá consultarse a listaxe de entidades colaboradoras adheridas ao plan, que serán as encargadas de tramitar as axudas.

Para máis información tamén poden contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local deste concello.

No hay comentarios: