Accións formativas:
1.- Auxiliar de Xestión Informática
e Internet para PEMES, que será impartido por AGESTIC, en Lugo cidade.
“Decidimos reeditar este curso xa que, tanto os alumnos como o propio mercado,
amosaron un grande interese en ofrecer formación en novas tecnoloxías para poder
aplicar, nas empresas lucenses, ferramentas informáticas coas que crear valor
engadido”.
2.- Aplicacións e Manexo de Sistemas
Aéreos non Tripulados – Drons, que será impartido en Lugo por
profesionais do aeroclub de rozas. “Ofrecemos esta acción formativa porque este
é un dos nichos de mercado en expansión, que ten unhas amplas posibilidades de
crecemento”.
3.- Socorrismo en espazos acuáticos
naturais e en instalacións acuáticas. Son 2 accións
formativas neste eido, que impartirá Cruz Vermella. Unha está enfocada a espazos
interiores, é dicir, a piscinas; e outra a exteriores, como praias, ríos...
Prazo de inscrición: remata o 30 de abril de 2017.
Máis información:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6&&contenido=31505&nivel=1400&codResi=1&language=gl
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario