miércoles, 5 de abril de 2017

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao colexio público do Vicedo e outros servizos municipais, e por un período de seis meses, a contar a partir do próximo 28 de abril de 2017.

O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 17 de abril. A selección realizarase a partir dás 10:30 h. do día 19 de abril de 2017, na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: