No BOP de Lugo de hoxe día 15/11/2018 publícanse as Bases Da
Convocatoria dos Premios " EMPRENDENDO
NO RURAL"
A finalidade dos
premios é a de impulsar iniciativas empresariais, favorecer proxectos
novos, excelentes, orixinais e innovadores que promovan fixar poboación, a
economía e o emprego no territorio rural, que incorporen novos modelos de xestión, produtos, sistemas
ou servizos que contribúan a xeración de riqueza e calidade de vida na
provincia de Lugo.
Os destinatarios dos premios, non terán
limitación en canto a idade, debendo cumprir os seguintes requisitos:
· - Non ter iniciada a actividade
económica presentada no proxecto.
· -Estar empadroado en algún
concello da provincia.
As obrigas que adquire o beneficiario dos
premios son:
·
Formalizar a iniciativa
empresarial con data limite 31 de agosto
de 2019 e manter a actividade premiada un prazo mínimo de 2 anos dende a data de inicio de actividade
Tratase de 5 premios de 10.000,00 € cada un.
A solicitude farase
de forma telemática no seguinte enderezo http://sede.deputacionlugo.org,
contando con 10 días naturais dende a publicación, en dito enderezo tamén se
poderá consultar as Bases, ademáis de pinchando en: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/15-11-2018.pdf#page=1
No hay comentarios:
Publicar un comentario