No PROGRESO de hoxe día 08/11/2018 publícase o anuncio da
convocatoria para proceder ó nomeamento, con carácter de urxencia, polo
sistema de concurso, dos postos de
traballo de docentes necesarios para impartir os módulos formativos (incluidos
os trasversais) e titorías de dous cursos, un en horario de mañá e outro de
tarde, da especialidade de Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en
institucións sociais, da programación AFD,
exercicio 2018 e 2019, solicitados ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establece a
convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas
dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade
Autónoma de Galicia correspondentes aos exercicios 2018 e 2019.
O prazo para a presentación das solicitudes será de dez
días naturais, a
contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria nun
dos xornais de maior difusión da provincia de Lugo. Polo tanto, comenza mañá
día 09/11/2018 e remata o día 19/11/2018 por ser o día 18 de novembro inhábil.
A presentación de solicitudes poderá realizarse no Rexistro
xeral do Concello de Vicedo ou en calquera das formas establecidas no artigo 16
da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas.
Dada o carácter urxente da convocatoria, e para evitar
posibles prexuízos para o solicitante, a presentación das instancias por
calquera outro medio distinto ao da presentación no Rexistro xeral do Concello
de Vicedo, deberá ser comunicada vía fax (número 982590001).
Pode consultar as bases e descargar ás instancias,
pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Apartado
taboleiro de anuncios)
No hay comentarios:
Publicar un comentario