jueves, 21 de noviembre de 2019

Últimas prazas para os cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

Recordámosvos que o Concello do Vicedo organiza dous cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións Sociais, un en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 h.) e outro de tarde (15:30 a 20:30 h.), sendo a data prevista de inicio o 11/12/2019 para os dous cursos e a de fin o 29/04/2020 para o de mañá e 18/05/2020 para o da tarde.
 
Estas acción formativas están dirixidas ás persoas desempregadas e cofinanciadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria  da Xunta de Galica e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. 
Ao finalizar, en caso de superar tódolos módulos, obteríase o correspondente certificado de profesionalidade de nivel 2.  Os  requisitos para poder acceder son: estar desempregado e inscrito no Servizo Público de Emprego e ter unha titulación mínima: ESO, FPI, un certificado de profesionalidade do mesmo nivel,etc.
Quedan moi poucas prazas, así que para máis información ou  inscrición chamar canto antes ao concello do Vicedo ó  teléfono 982590029 ou 982590195, e preguntar pola Axente de emprego e desenvolvemento local .

No hay comentarios: