jueves, 28 de noviembre de 2019

Convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria de recoñecemento da experiencia profesional en distintas especialidades


A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca para o ano 2020 o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

PRAZO: Hasta el 27/12/2019

ESPECIALIDADES E PRAZAS QUE SE OFERTAN NO PROCEDEMENTO:
·         Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
·         Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas.
·         Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
·         Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
·         Docencia da formación para o emprego (SSC448_3): 100 prazas.
·         Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas.
·         Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas.
·         Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 75 prazas.
·         Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 150 prazas, nas unidades de competencia:
o    UC0080_2 Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións.
o    UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física.
·         Instrucción en ioga ( AFD616_3): 150 prazas.
·         Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 75 prazas. 
REQUISITOS:
·         Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
·         Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición, para o caso de solicitar unidades de competencia de niveis 2 e 3.
·         Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
o    No caso de experiencia laboral: Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
o    No caso de formación non formal: Para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.  
·         Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
·         Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
·         Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.
·          As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación, e que non os poidan xustificar mediante os documentos requiridos, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral e/ou aprendizaxe non formal de formación. 
O procedemento consta de tres fases: fase de asesoramento, fase de avaliación e fase de acreditación da competencia profesional.


No hay comentarios: