martes, 5 de noviembre de 2019

SELECCIÓN DOCENTES PARA DOUS CURSOS DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS

No PROGRESO de hoxe día 05/11/2019 publícase o anuncio da convocatoria para  proceder ó nomeamento, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso, dos postos de traballo de docentes necesarios para impartir os módulos formativos (incluidos os trasversais), preparación de clases e titorías de dous cursos, un en horario de mañá e outro de tarde, da especialidade de Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, aprobados ao abeiro da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 17 de abril de 2019 (DOG número 86, do 7 de maio de 2019), pola que se establece as bases reguladoras do procedemento TR301K polo que se subvencionan as acción formativas do plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2019-2021, procedéndose mediante a Orde do 17 de abril de 2019 (DOG número 86, do 7 de maio de 2019) a efectuar a 2019 a convocatoria pública de subvencións para os exercicios 2019 e 2020.

prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria nun dos xornais de maior difusión da provincia de Lugo. Polo tanto, comenza mañá día 06/11/2019 e remata o día 15/11/2019.
A presentación de solicitudes poderá realizarse no Rexistro xeral do Concello de Vicedo ou en calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Dada o carácter urxente da convocatoria, e para evitar posibles prexuízos para o solicitante, a presentación das instancias por calquera outro medio distinto ao da presentación no Rexistro xeral do Concello de Vicedo, deberá ser comunicada vía fax (número 982590001), ou vía e-mail o seguinte enderezo: concello@concellodovicedo.org

Pode consultar as bases e descargar ás instancias, pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Apartado taboleiro de anuncios)

No hay comentarios: