viernes, 15 de noviembre de 2019

Designación membros comisión avaliación para o nomeamento de docentes cursos desempregados

Publicado decreto de designación dos membros da comisión de avaliación, con carácter de urxencia, para o nomeamento dos docentes necesarios para impartir os módulos formativos (incluidos os trasversais), preparación de clases e titorías de dous cursos de Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, subvencionados ao abeiro da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 17 de abril de 2019 (DOG número 86, do 7 de maio de 2019), pola que se establece as bases reguladoras do procedemento TR301K polo que se subvencionan as acción formativas do plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2019-2021, procedéndose mediante a Orde do 17 de abril de 2019 (DOG número 86, do 7 de maio de 2019) a efectuar a 2019 a convocatoria pública de subvencións para os exercicios 2019 e 2020.

Recordarvos que como aparece nas bases da convocatoria, a baremación de méritos e entrevista curricular terá lugar o sexto día natural a contar desde a finalización do prazo de solicitudes, ás 10:00 h. na casa do concello (o sexto día será o 21 de novembro de 2019).
Para máis información pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: