Obxecto:
Subvencións do Programa para o fomento de vivendas para persoas
maiores e persoas con discapacidade.
Requisitos:
- Que se trate de
edificios do tipoloxía residencial colectiva de nova construción ou
de vivendas procedentes da rehabilitación de edificios .
- Que teña mínimo 8
vivendas. .
- Que se atopen
totalmente baleiros de inquilinos ou outros ocupantes por calquera
título.
- Que as obras da
promoción non estean iniciadas ou finalizadas o 1 de Xaneiro de
2019.
- Que as actuacións de
obra nova e de rehabilitación das edificacións se realicen conforme
os criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta
de Galicia.
- Que dispoñan dunhas
instalacións e servizos comúns que deberán de incluir como mínimo:
asistencia social, atención médica básica 24 horas dispoñible e
cercana, limpeza e mantemento, dispositivos e sistemas de seguridade,
restauración, actividades sociais, deportivas de lecer e culturais
así como de terapias preventivas e de rehabilitación. O deseño dos
espazos garantirá a adecuación e a accesibilidade para o seu uso
por persoas maiores ou de ser o caso de persoas con discapacidade.
- Que as súas vivendas
teñen unha cualificación enerxética correspondente ao consumo
enerxético, como mínimo, dunha letra B, de acordo coa normativa de
aplicación.
- Que todas as súas
vivendas se vaian ceder en uso ou destinar ao arrendamento durante un
prazo mínimo de corenta anos, o que deberá constar, en todo caso en
nota marxinal no Rexistro da Propiedade.
Beneficiarios:
- As administracións
públicas, os organismos públicos e demais entidades de dereito
público. Así mesmo, as entidades de dereito privado, as empresas
públicas, privadas, públicos privadas e sociedades mercantis
participadas maioritariamente polas administracións públicas, en
cuxo obcecto social figure a promoción de vivendas.
- As fundacións as
empresas de economía social e as súas asociacións, cooperativas de
autoconstrución, as organizacións non gobernaamentais e as
asociacións declaradas de utilidade pública, e aquelas ás cales se
refire a disposición adicional.
Contía
- A contía da axuda
directa será proporcional á superficie útil de cada vivenda e de
ata un máximo de 400€ por metro cadrado da dita superficie útil.
A contía máxima desta axuda non podera superar o 40% do
investimento da actuación.
Para a determinación da
contia da axuda non se terá en conta a superficie útil dos garaxes
nin dos rochos.
Prazo: ata o 19 de
Agosto de 2019.
No hay comentarios:
Publicar un comentario