jueves, 20 de junio de 2019

Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021



Obxecto: Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento ou cesión en uso, dirixido a incentivar económicamente a súa promoción, pública ou privada, co compromiso de permanencia mínima nese réxime durante vinte e cinco anos.

Requisitos das vivendas:
a.)    Que se trate de edificios de tipoloxía residencial colectiva de nova construción ou de vivendas  procedentes da rehabilitación de edificios, así como de vivendas con obras en curso paralizadas que se reanuden ata a súa completa finalización.

b.)    Que se atopen totalmente baleiros de inquilinos ou outros ocupantes por calquera título.

c.)    Que as súas vivendas se vaian ceder en uso ou destinar ao arrendamento durante un prazo mímimo de vinte e cinco anos, o que deberá constar, en todo caso, en nota marxinal no Rexistro da Propiedade.

-          O prazo máximo para executar as obras non poderá exceder os 30 meses, contados dende a data de notificación da resolución, podendo estenderse a 36 meses cando se trate de promocións de máis de 50 vivendas.

-          Cando se trate de actuacións de rehabilitación ou reanudación, os prazos non poderán exceder os 24 meses e 30 meses, respectivamente.

Beneficiarios: As persoas físicas maiores de idade que posúan a nacionalidade española ou no caso de ser estranxeiras, que teñan a residencia legal en España.
As administracións públicas, os organismos públicos e demais entidades de dereito público.
As fundacións, as empresas de economía social e as súas asociacións.

Contía das axudas: Existen dúas modalidades;

-          Na modalidade A: a contía das axudas directas será de ata un máximo de 350 euros por metro cadrado de superficie útil de vivenda. A contía máxima desta subvención non poderá superar o 50%  do investimento da actuación, cun límite máximo de 36.750 euros por vivenda.

-          Na modalidade B: a contía das axudas directas será de ata un máximo de 300 euros por metro cadrado de superficie útil de vivenda. A contía máxima desta subvención non poderá superar o 40% do investimento da actuación, cun límite máximo de 31.500 euros por vivenda.

Prazo de solicitude: ata o 19 de Agosto de 2019

No hay comentarios: