Este programa ten a finalidade de
favorecer a substitución nos cadros de persoal das empresas, das persoas traballadoras próximas á xubilación por persoas mozas menores de 30 anos desempregadas ou cun
contrato formativo na mesma empresa, ou menores de 35 anos cun contrato de duración
determinada na mesma empresa ou persoas desempregadas maiores de 45 anos, garantindo a non destrución de postos de traballo, unha vez que as persoas traballadoras que os
ocupaban rematen a súa vida activa.
Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas pola realización dun contrato de remuda a tempo completo de duración indefinida ou ben de duración
determinada sempre que neste último suposto conste o compromiso de conversión a indefinido no momento da súa finalización.
O prazo de solicitude comenza mañá día 17 de xuño.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200617/AnuncioG0424-050620-0004_gl.pdf
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario