Prazo solicitude: do 26/06/2020 ao 31/07/2020 ou ata o esgotamento do
crédito, van resolvéndose por orde de entrada
Obxecto:
1. Agás as empresas e autónomos adicados a actividades turísticas, segundo
a relación detallada de actividades subvencionables contida no anexo I, os
proxectos obxecto de apoio e as actuacións consecuentes deben derivarse do
informe de autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da
Consellería de Economía, Emprego e Industria, que deberá achegarse xunto coa
solicitude de axuda.
2. Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que
inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:
2.1. Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de
traballo, tales como:
• Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa.
• Vinilos adhesivos para a delimitación no chan de zonas seguras, marcación
dos fluxos de clientes, de marcación de posicionamento e a da distancia de
seguridade interpersoal.
• Dispositivos de control de capacidade e de sistemas de contaxe de
clientes ou outro sistema para garantir a distancia entre clientes.
• Dispositivos de control de temperatura.
• Calquera outra medida das recomendadas pola autoridade sanitaria que
permita incrementar a protección dos empregados e clientes.
2.2. A adaptación dos espazos de traballo para reducir o contacto do
cliente con elementos ou superficies e evitar a súa contaminación, tales como:
• Portas de apertura automática.
• Instalación de puntos de autopago.
• Sensores de luz.
• Calquera outra medida ou dispositivo para minimizar o contacto.
2.3. A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e
clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal da empresa,
luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcohólicos e calquera
outro para a protección persoal que sexa adecuada á específica actividade que
se desenvolve na empresa. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá
exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables; consecuentemente,
ningún proxecto poderá constar unicamente de actuacións contempladas nesta
epígrafe.
2.4. A instalación de equipamentos de desinfección de superficies,
ambientes e produtos.
2.5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e
realizar desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a este punto
non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables, para un
período máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún
proxecto poderá constar, unicamente, de actuación recollidas nesta epígrafe.
2.6. A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a
ventilación e renovación do aire do establecemento.
2.7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as
medidas de prevención ante o COVID-19 implementadas no establecemento.
2.8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde
das persoas empresarias, empregadas e clientes fronte ao COVID-19, o cal se
motivará na resolución de concesión.
2.9. Capacitación específica das persoas traballadoras para aplicar os protocolos
adaptados ás normativas e recomendacións sanitarias fronte ao COVID-19.
2.10. Gastos externos (consultoría, análises, custo da certificación y
similares) aplicados á obtención de certificacións para cumprimento de
protocolos e medidas.
Todos os equipamentos e materiais adquiridos en calquera das actuacións
anteriores deben cumprir as normas e directivas que son necesarias para a
fabricación de equipamentos de protección individual, material sanitario e
outros produtos necesarios para a loita contra o COVID-19. Unha guía
orientativa desta normativa está dispoñible en:
https://marketplacecovid19.gal/info/normas-e-directivas-para-fabricacion-de-produto
·
Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 15 de
marzo de 2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de
concesión, necesarios para desenvolver as actividades descritas no artigo 1.2,
que cumpran os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de
decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as
normas sobre os gastos subvencionables do programa operativo do Fondo Europeo
de Desenvolvemento Rexional.
Requisitos
Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:
• Que desenvolvan a súa actividade en Galicia polo menos
nun centro de traballo.
• Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos
establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de
maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta
(50) traballadores.
• Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE
que se relacionan no anexo I.
ANEXO I
Actividades subvencionables
(segundo a clasificación de actividades do imposto sobre
actividades
económicas-IAE)
económicas-IAE)
– Sección 1: Actividades empresariais servizos.
Agrupación 61. Comercio por xunto.
Agrupación 62. Recuperación de produtos.
Agrupación 63. Intermediarios do comercio.
Agrupación 64. Comercio polo miúdo de produtos
alimenticios, bebidas e tabaco realizado en establecementos permanentes.
Agrupación 65. Comercio polo miúdo de produtos industriais
non alimenticios realizado en establecementos permanentes. (Excepto epígrafe
652.1.- Farmacias: Comercio polo miúdo de medicamentos, produtos sanitarios e
de hixiene persoal).
Agrupación 66. Comercio mixto ou integrado; comercio polo
miúdo fóra dun establecemento comercial permanente (ambulancia, mercadillos e
mercados ocasionais ou xornais); comercio en réxime de expositores en depósito
e mediante aparellos automáticos; comercio polo miúdo por correo e catálogo de produtos
diversos.
Agrupación 69. Reparacións.
Grupo 721. Transporte de viaxeiros. (Excepto epígrafe
721.2.- Transporte por autotaxis).
Grupo 722. Transporte de mercadorías por estrada.
Grupo 731. Transporte marítimo internacional (Excepto
epígrafe 731.2.- Transporte marítimo internacional de mercadorías.)
Grupo 733. Transporte de cabotaxe e por vías navegables
interiores (Excepto epígrafe 733.2.- Transporte de cabotaxe e por vías
navegables interiores de mercadorías.)
Grupo 751. Actividades anexas ao transporte terrestre.
Agrupación 76. Telecomunicacións.
Agrupación 81. Institucións financeiras.
Agrupación 82. Seguros.
Agrupación 83. Auxiliares financeiros e de seguros.
Actividades inmobiliarias.
Agrupación 84. Servizos prestados ás empresas.
Agrupación 85. Aluguer de bens mobles.
Agrupación 86. Aluguer de bens inmobles.
Agrupación 92. Servizos de saneamento, limpeza e similares.
Epígrafe 931.1.- Gardería e ensino de educación infantil,
exclusivamente.
Grupo 933. Outras actividades de ensino.
Grupo 936. Investigación científica e técnica.
Grupo 943. Consultas e clínicas de estomatoloxía e
odontoloxía.
Grupo 945. Consultas e clínicas veterinarias.
Grupo 952. Asistencia e servizos sociais para nenos, mozos,
diminuídos físicos e anciáns, en centros non residenciais.
Agrupación 96. Servizos recreativos e culturais.
Agrupación 97. Servizos persoais
Agrupación 98. Parques de recreo, feiras e outros servizos
relacionados co espectáculo. Organización de congresos. Parques ou recintos
feirais.
– Seccion 1: Actividades empresariais turismo.
Agrupación 67. Servizo de alimentación.
Agrupación 68. Servizo de hospedaxe.
Grupo 755. Axencias de viaxe.
Agrupación 96. Servizos recreativos e culturais, que estean
escritos no Rexistro de Actividades Turisticas de Galicia (REAT).
Agrupación 98. Parques de recreo, feiras e outros servizos
relacionados co espectáculo. Organización de congresos. Parques ou recintos
feirais, que estean escritos no Rexistro de Actividades Turisticas de Galicia
(REAT).
Epigrafe 942.2 Balnearios e baños.
– Seccion 2: Actividades profesionais.
Todas as agrupacións excepto:
Grupo 831. Médicos de Medicina Xeral.
Grupo 832. Médicos especialistas (excluídos Estomatólogos e
Odontólogos).
Grupo 835. Farmacéuticos.
Importe das axudas:
*Para pequeñas empresas
adicadas a actividades turísticas que empreguen menos de 10 traballadores e
estén no anexo I: 100% da inversión, máximo 1.200 euros. A inversión mínima son
300 euros e a máxima 1.200 euros. Poderán optar a modalidade do resto de empresas si renuncian a esta.
*Para o resto das empresas
beneficiarias: 80% do gasto subvencionable, máximo 3.000 euros
Obrigas:
a)
Manter os investimentos, vinculados á actividade económica subvencionable, no
centro de traballo en Galicia, durante 3 anos desde a finalización do prazo de
execución do proxecto, salvo que se trate de bens inscritibles nun rexistro
público, que deberán manterse durante 5 anos. O investimento subvencionado
poderá ser substituído dentro deste período, no caso de obsolescencia ou
avaría, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en
Galicia durante o período mencionado, non podendo ser obxecto de subvención. No
caso de reforma en inmobles arrendados, deberá manterse o arrendamento ata
transcorrido o período de 5 anos desde a data de finalización do prazo de
execución do proxecto. No caso de edificación ou adquisición de inmobles en terreo
alleo, deberá manterse o dereito de superficie ou a concesión administrativa
durante 5 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.
b) Xustificar a execución do proxecto que
fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de
concesión.
c) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos
requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o
cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
d) Someterse ás actuacións de comprobación que
efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou
de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes,
en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas,
o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións que realizará o
Organismo Intermedio, a Autoridade de Xestión ou a Autoridade de Certificación
e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta
información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás
verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do
Consello. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros
dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos
pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso,
así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos custos
subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades
de comprobación e control, polo menos, un período de 3 anos a partir do 31 de
decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos
da operación. O Igape informará os beneficiarios da data a partir da cal se
iniciará o cómputo do prazo.
e) Proceder ao reintegro dos fondos
percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións
establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei
9/2007.
f) No caso de non ser quen de realizar o
proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente
solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo
caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido
para o proxecto.
g) Manter un sistema de contabilidade separado
ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións
relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais
da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os
investimentos financiados con fondos Feder.
h) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas
que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.
No hay comentarios:
Publicar un comentario