Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral
temporal, con carácter de urxencia, mediante oposición, de catro peóns de limpeza e desinfección de baños nas praias de Abrela e Xilloi e outras zonas de risco en praias do municipio, relacionadas coa implantación de medidas extraordinarias por mor da pandemia do COVID 19, a xornada completa, durante a tempada de verán / 2020.
O prazo de presentación de solicitudes iniciase mañá día 16 de xuño e remata o próximo día 22 de xuño de 2020. Realizándose o proceso de selección o día 23 de xuño de 2020, a partir das 11:00 h. na Casa consistorial.
Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.
No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario