Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 03 de xaneiro de 2022, e por un período de tres meses.
O prazo de inscrición comenza mañá día 10 e remata o día 20 de decembro de 2021. A selección realizarase o día 22 de decembro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
No hay comentarios:
Publicar un comentario