Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de interinidade, para cubrir vacacións, a xornada completa, desde o próximo día 7 de xaneiro ata o 21 de xaneiro de 2022.
O prazo de inscrición comenza o día 22 e ata o 28 de decembro de 2021, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 29 de decembro de 2021, ás 10:00 horas, na casa consistorial.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado: taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)
No hay comentarios:
Publicar un comentario