Publicouse no día de hoxe 11/11/2022 a lista de admitidos e excluidos definitiva en relación coas bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2022", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
As probas e valoración de méritos terán lugar o día 17 de novembro de 2022, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).
Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info. ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)
No hay comentarios:
Publicar un comentario