martes, 8 de noviembre de 2022

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo "Fomento do emprego 2022"

Publicouse no día de hoxe 08/11/2022 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2022", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 09 e 10 de novembro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.

 As probas e valoración de méritos terán lugar o día 17 de novembro de 2022, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

No hay comentarios: