jueves, 2 de marzo de 2023

Apertura e peche de determinadas listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche de determinadas listas, así como a apertura doutras para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino, correspondentes a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.

O nomeamento de persoal funcionario interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral están regulados no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

 O artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, relativo ao prazo de presentación de solicitudes, establece que se poderán presentar novas solicitudes desde a publicación da resolución de apertura do prazo de presentación de solicitudes por parte da dirección xeral competente en materia de función pública e durante o prazo establecido nela e, no caso de listas elaboradas que se encontren en xestión, desde o día 1 de marzo ata o día 30 de abril.

 O parágrafo final do devandito artigo 6 establece que «en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada, porque non se producen contratacións ou nomeamentos, ou ben polo excesivo número de persoas inscritas, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes, coa excepción das persoas interesadas que superasen algunha proba do último proceso selectivo, ou prestasen servizos, no ámbito de aplicación do artigo un, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a esa categoría, corpo, escala ou especialidade».

 Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2022 e o número de persoas inscritas en cada lista, esta dirección xeral

 

RESOLVE:

 

Primeiro. Pechar a incorporación de novas solicitudes para as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican no anexo I.

 Segundo. Reabrir as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican no anexo II.

 Terceiro. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se atopan abertas e nas que as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril deste ano (anexo III).

 Cuarto. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas, nas cales soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou prestasen servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a ese grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade (anexo IV).

 Nas listas pechadas tamén poderán presentar solicitude as persoas que prestasen servizos en categorías profesionais laborais equivalentes aos corpos ou escalas de persoal funcionario que figuran no anexo I da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 11 de outubro de 2021 (DOG nº 200, do 18 de outubro), segundo o estipulado no anexo II da devandita resolución, e aos corpos e escalas de persoal funcionario do anexo I da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 6 de outubro de 2021 (DOG nº 195, do 8 de outubro), segundo as equivalencias establecidas no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, modificado pola Orde do 10 de marzo de 2021 (DOG nº 61, do 31 de marzo), sempre que estes servizos fosen prestados, no ámbito de aplicación do artigo un do Decreto 37/2006, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo, sen prexuízo do establecido no artigo 6.3 da Orde do 20 de xullo de 2021 (DOG nº 145, do 30 de xullo). Para estes efectos, a categoría profesional laboral de educador/a (grupo II, categoría 6) é equivalente á escala técnica de facultativos, especialidade educadores, de acordo co establecido na disposición transitoria segunda da Orde do 20 de xullo de 2021.

 Quinto. As persoas integrantes das listas que na súa solicitude de inclusión autorizasen expresamente a consulta dalgúns datos por parte da Administración, e que figurasen excluídas nas listas provisionais por causas relacionadas coa imposibilidade material da obtención dos ditos datos, deberán achegar, para acreditar o cumprimento dos requisitos exixidos, no prazo concedido para formular reclamación contra as listas provisionais, copia auténtica da documentación respecto á cal non foi posible obter datos ao realizar a consulta.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230301/AnuncioG0597-210223-0002_gl.html

No hay comentarios: