A Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade da Universidade da Coruña presenta o Programa de Prácticas para estudantes CAMPUS RURAL, unha iniciativa desenvolta polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), en colaboración co Ministerio de Universidades e as Universidades públicas españolas, e á que está adherida a Universidade da Coruña (UDC).
Diríxese a Organizacións ou
Asociacións que traballen no territorio e se atopen en municipios situados en
zonas rurais con problemas de despoboamento de calquera rexión do Estado
español e de Portugal con menos de 5.000 habitantes.
A través deste programa, as
entidades terán a oportunidade de acoller estudantes en prácticas de grao ou
máster de todas as titulacións da UDC sen custo algún, ao estar financiado polo
MITECO.
A universidade realizará a
selección das prácticas e, segundo o establecido no programa, entre os
criterios que se poden determinar, darase prioridade ás seguintes propostas:
- Ofertas que expoñan unha
solución habitacional de residencia para o alumno durante o período da
práctica.
- Ofertas por unha universidade
dunha provincia distinta de onde se sitúe o municipio onde se vai a desenvolver
a práctica.
- Prácticas vinculadas a accións
contempladas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, ou no Plan
130 Medidas fronte ao Reto Demográfico.
- Prácticas que demostren un
impulso da dixitalización na contorna local no que se desenvolve (cara á
administración, as empresas ou a poboación).
- Prácticas que teñan en conta a
perspectiva de xénero.
As entidades interesadas deben
inscribirse ata o 8 de marzo de 2023 empregando o seguinte formulario: https://forms.office.com/e/VHeaxtf8He
Neste procedemento é moi importante a maior precisión posible na definición das titulacións requeridas para os perfís ofertados, pois axiliza de forma importante o proceso de selección de estudantes. Pode consultar a oferta de titulacións da UDC. Naqueles casos nos que o perfil sexa moi amplo e poda abarcar máis de cinco titulacións pódese aludir á área de coñecemento correspondente (exemplo: “Estudante da rama de xxx”).
No hay comentarios:
Publicar un comentario