Publicada no día de hoxe a lista de admitidos e exluídos provisional, en relación co proceso de selección para o nomeamento como funcionario interino dun alguacil de servizos múltiples, para cobertura de praza vacante no cadro de persoal do concello do Vicedo,
O prazo para subsanar erros ou aportar documentación é de tres días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos)a contar dende o día seguinte ó da publicación, polo tanto serán os días 12, 13 e 14 de abril.
As persoas que non entreguen neste concello a documentación, é decir que a presenten noutros rexistros habilitados, deberán adelantar toda a documentación por fax ou 982590001 ou ao correo electrónico: concello@concellodovicedo.org, dentro do prazo establecido para a subsanación de erros, a parte da súa presentación no rexistro correspondente.
As probas e valoración de méritos terán lugar o día 26 de abril de 2023, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, xuvenil e da terceira idade (Casa da Cultura), sita en Rúa Cidade de Mondeñedo, nº 23 O Vicedo.
Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info. ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario