ORDE do 3 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das
axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de
curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola
Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa
convocatoria para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR302D).
·PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva.
·OBXETO:formación non formal mediante a
realización de proxectos formativos de curta duración que teñan como obxectivo
mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento
profesional dos seus cadros de persoal.
As accións
formativas estarán orientadas á adquisición de competencias comprendidas entre
os ámbitos de capacitación prioritarios:
a) As competencias
dixitais, desde a dixitalización básica ata a adquisición de competencias e
coñecementos técnicos avanzados, a adquisición de coñecementos de tecnoloxías
innovadoras ou disruptivas, etc.
b) As competencias
das persoas traballadoras en procesos industriais.
c) As competencias
vinculadas á xestión empresarial.
d) As competencias
de prestación de servizos a clientes.
e) As competencias do ámbito
asistencial.
O período de realización das accións
formativas subvencionables comprenderá desde o día seguinte ao da publicación
desta orde ata o 30 de novembro de 2023, para aquelas accións formativas que se
desenvolvan exclusivamente no ano 2023. Para as accións formativas que se desenvolvan
entre 2023 e 2024, ou exclusivamente en 2024, a data límite para o remate das
accións formativas será o 30 de setembro de 2024.
·BENEFICIARIOS:
-
As microempresas e pequenas empresas, así como as
entidades do terceiro sector da acción social, validamente constituídas e con
actividade ininterrompida, cando menos, desde tres anos antes da data de
publicación desta convocatoria, con centro de traballo en Galicia, onde deberán
desenvolver a actividade para a cal solicitan a subvención.
-
As persoas traballadoras autónomas que teñan contratadas
ao seu cargo persoas traballadoras por conta allea, con centro de traballo en
Galicia e cunha antigüidade como cotizante igual ou superior a tres anos
ininterrompidosinmediantamente anteriores á data de publicación desta
convocatoria.
·AXUDAS: contía máxima de 25.000 euros por entidade
solicitante (limitada ao 70% do gasto subvencionable).
-
Presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a
través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de
Galicia, https://sede.xunta.gal.
-
O prazo iníciase o 21/07/2023 e remata o 29/09/2023, ou
ata que se produza o esgotamento do crédito asignado a esta convocatoria.
Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou diríxase á Axente
de emprego e desenvolvemento local do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario