Orde do 13 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das
subvencións EmprendementoPlus para apoiar o investimento e a creación de
emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de
persoas autónomas e pemes, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do
programa Galicia Feder 2021-2027 (apoio ao investimento) e se procede á súa
convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para as anualidades
2023-2024 (código de procedemento TR880B).
·PROCEDEMENTO: concorrencia competitiva.
·OBXETO:subvencións para iniciativas de
emprendemento de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas
empresas, que na data de presentación de solicitude de axuda non teñan máis de
42 meses de antigüidade desde a data de constitución ou alta, así como a data
de inicio da súa actividade económica, no ámbito da Comunidade Autónoma de
Galicia, a través de dous programas:
a) Programa I.
EmprendementoPlus Investimento: apoiar a continuidade e a consolidación de
iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes que teñan unha
antigüidade máxima de 42 meses, mediante o apoio de investimentos realizados
nas iniciativas obxecto da axuda, tal e como se describe no artigo 25 da
convocatoria.
b) Programa
II. EmprendementoPlus Emprego: o fomento e a consolidación do emprego por
parte de autónomos e pequenas empresas de nova creación (máx. 42 meses) para
promover a contratación de persoas desempregadas; coa finalidade de xerar
emprego estable mediante unhas liñas de incentivos á contratación por conta
allea, cuxas particularidades se recollen no artigo 27, e que inclúe dúas
modalidades de axudas:
- Incentivos á
contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
- Incentivos á
contratación de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9
meses e a xornada completa.
Os programas son
compatibles, pero para optar ao programa II será necesario solicitar o programa
I.
·AXUDAS:
-
Programa I. EmprendementoPlus Investimento: investimento mínimo admisible de
10.000 euros.
Rango de investimento %De
investimento subvencionable |
% De
investimento subvencionable |
Entre 10.000€ e
30.000 € |
60 % |
Entre 30.001€ e
50.000 € |
55 % |
Entre 50.001€ e
100.000 € |
50% |
Entre 100.001€
e 200.000 € |
45% |
-
Programa II. EmprendementoPlus Emprego:
* As
contratacións indefinidas inicias de persoas desempregadas: 6.000 euros.
* As
contratacións de fixos discontinuos, para contratos de duración mínima de 9
meses de xornada completa: 6.000 euros.
·BENEFICIARIOS:
-
Todas as persoas traballadoras autónomas, as sociedades
mercantís, as sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción,
centros especiais de emprego e entidades sen personalidade xurídica que cumpran
a condición de PEME.
REQUISITOS:
1/ Que se constitúan ou dean de alta
con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da
solicitude.
2/ Que iniciasen a súa actividade
económica con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da
solicitude.
(Mais requisitos artigo 5).
·SOLICITUDE:
-
Presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a
través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de
Galicia, https://sede.xunta.gal.
-
O prazo iníciase o 18/07/2023 e remata o 17/08/2023.
Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou diríxase á Axente
de emprego e desenvolvemento local do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario