martes, 12 de septiembre de 2023

Axudas a comerciantes retallistas, artesáns... Programa de comercio circular

ORDE do 16 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do programa de comercio circular e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300D).

Consideraranse subvencionables para comerciantes retallistas (determinados epígrafes establecidos na orde) e obradoiros artesáns:

– Caixas e sobres de cartón ou papel reciclado.

– Recheos, proteccións acolchadas e escumas para a embalaxe.

– Cordas ou cintas de rafia, algodón ou outros materiais naturais.

– Film de material biodegradable.

– Etiquetas.

– Pegamento e cinta adhesiva.

– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.

Prazo de presentación de solicitudes: 09/09/2023 00:00 - 09/10/2023 23:59 (pero vanse resolvendo según orde de entrada

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230908/AnuncioG0692-170823-0001_gl.html ; https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300D

No hay comentarios: