viernes, 29 de septiembre de 2023

BONOS ACTIVA COMERCIO

 PROGRAMA DINAMIZACIÓN E INCENTIVACIÓN DO CONSUMO DO COMERCIO MINORISTA DE GALICA A TRAVÉS DOS BONOS ACTIVA

OBXECTIVO: Incentivar a demanda comercial

BONOS ACTIVA COMERCIO:

Cada bono tendrá un valor de ata 30€. En función do importe das compras, poderán obterse os seguintes descontos:

-Desconto de 5€ en compras iguais ou superiores  a 20€ e inferiores a 30€.

-Descontos de 10€ en compras iguais ou superiores a 30€ e inferiores a 50€.

-Descontos de 15€ en compras iguais ou superiores a 50€.

Todas as cuantías entenden se co IVA incluido.

Os bonos estarán dispoñibles para os usuarios a partir do 9 de outubro e ata o 31 de decembro de 2023, ou ata o esgotamento do crédito si se produce antes desa data, na web https: //www.bonosactivacomercio.gal. Os bonos descargados poderán usarse ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o presuposto máximo.

 

COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: desde mañá día 30 de setembro e ata o 15 de decembro de 2023, os establecementos minoristas interesados poderán solicitado na web http://www.bonosactivacomercio.gal.  Requisitos para poder adherirse:

-Desenvolver a  súa actividade comercial en Galicia.

- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 29/09/2023.

 

FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

-          Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.

OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:

-          Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.

-          Realizar o desconto directo do bono, sin que  o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.

-          Especificar na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.

-          Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.

-          Conservar durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.

-          Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230929/AnuncioG0692-140923-0006_es.html  https://www.bonosactivacomercio.gal/

No hay comentarios: