martes, 5 de septiembre de 2023

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

 Obxecto: convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de língua galega Celga 2, 3 e 4.

Destinatarios: Maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano 2023.

Datas das probas: na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal)

Localidades: Santiago de Compostela e Ponferrada. Os lugares e horarios publicaranse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Inscripción: anexo I; xustificante de pagamento da taxa (código 304401); certificado de discapacidade de ser o caso. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Taxa: 16,92 euros. Mediante impreso de autoliquidación.(Excepto persoas con discapacidaderecoñecida igual ou superior ao 33%, que estarán exentas). O pago das taxas deberá realizarse dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo: ata o día 25/09/2023.

Destacar: non se admite o ingreso da taxa fóra de prazo. As persoas excluídas terán dous meses para solicitar a devolución da taxa ingresada, a partir da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas.

Duración das probas

Celga 2

Escrita: 2 horas

Oral: máximo 10 minutos

Celga 3

Escrita: 2 horas e media

Oral: máximo 15 minutos

Celga 4

Escrita: 3 horas

Oral: máximo 15 minutos

Máis información no DOG do 4 de setembro de 2023: https://www.xunta.gal/dog ou dirixirse á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

No hay comentarios: