Publicouse no día de hoxe 10/11/2023 a lista de admitidos e excluidos provisional en relación coas bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 13 e 14 de novembro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.
As probas e valoración de méritos terán lugar o día 20 de novembro de 2023, ás 09:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).
Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info. ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)
No hay comentarios:
Publicar un comentario