O Programa CAMPUS RURAL de
prácticas universitarias no medio rural, é unha iniciativa que desenvolve o
Ministerio para a Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), en
colaboración co Ministerio de Universidades e CRUE Universidades, e á que está
adherida a Universidade da Coruña (UDC).
Neste ano 2024 ten lugar a terceira edición
deste Programa, o cal se dirixe a entidades
públicas e privadas radicadas en municipios de zonas rurais con problemas de
despoboamento de calquera rexión do Estado español con menos de 5.000
habitantes. O obxectivo último é contribuir ao reequilibrio territorial
incentivando a chegada de capital humano aos espazos máis despoboados para
dinamizar o seu tecido produtivo, social e institucional.
A través deste Programa, as entidades terán a
oportunidade de acoller estudantes en prácticas de grao ou máster de todas as
titulacións oficiais da UDC sen custo algún, ao estar financiado polo MITECO.
Estas prácticas externas deben ter unha duración de tres meses.
A universidade será a encargada
da selección das prácticas externas no marco das indicacións xerais
proporcionadas polo MITECO. Con carácter xeral, un criterio de especial
relevancia será que as prácticas externas se desenvolvan nunha provincia
distinta a aquela na que teña a súa sede o campus académico no que o/a
estudante esté matriculado/a. É importante subliñar que, na medida do posible, o/a
estudante debe residir no municipio das prácticas durante a realización das
mesmas.
Esperamos que este Programa sexa
de interese para a sua entidade, para o cal solicitamos a súa colaboración na
difusión do mesmo. Así, as entidades
interesadas en participar deben inscribirse ata o 18 de marzo de 2024
empregando o seguinte formulario:
En caso de precisar máis
información sobre o Programa poden contactar coa Unidade de Emprego da UDC na
dirección de correo emprego.vee@udc.es e nos teléfonos 981167000 (extensións:
3616, 3617, 3618, 2903, 2916) ou visitar a páxina web do MITECO:
No hay comentarios:
Publicar un comentario