A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 2 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, con data prevista de inicio o 20 de maio de 2024, ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se regulan as subvencións para o fomento de emprego no medio rural (Aprol rural), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2024.
Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando no seguinte enlace https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
No hay comentarios:
Publicar un comentario