martes, 23 de abril de 2024

Oferta emprego: padexeiro, a xornada completa

 

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, dun padexeiro a xonarda completa con adscrición ao servizo municipal de obras do Concello do Vicedo.

O prazo de inscrición é de cinco días naturais a contar a partir da publicación das bases de selección, polo tanto, comezando mañá 24 de abril de 2024. As probas de selección realizaranse o día 29 de ABRIL de 2024, ás 10:00 horas, na casa da Cultura do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

No hay comentarios: