Publicouse no día de hoxe, 19/02/2026, a lista de admitidos e excluídos provisional en relación coas bases publicadas no BOP de Lugo de 06/02/2026, e expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica, para a contratación como funcionario interino, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), para a aula CEMIT.
O prazo para subsanar erros ou aportar documentación é de dous días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos)a contar dende o día seguinte ó da publicación, polo tanto serán os días 20 e 23 de febreiro de 2026.
As persoas que non entreguen neste concello a documentación, é decir que a presenten noutros rexistros habilitados, deberán adelantar toda a documentación ao correo electrónico: concello@concellodovicedo.org, dentro do prazo establecido para a subsanación de erros, a parte da súa presentación no rexistro correspondente.
As probas e valoración de méritos terán lugar o día 02 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo.
Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
No hay comentarios:
Publicar un comentario