jueves, 28 de febrero de 2008

AXUDAS PARA A MODERNIZACIÓN E A IMPLANTACIÓN DE COMERCIOS

Axudas a fondo perdido a comercios minoristas para a reforma, adaptación ou ampliación do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2. Tamén se subvenciona a adquisición de mobiliario, elementos de decoración e calqueira outro tipo de equipamento comercial, deseño e execución de campañas publicitarias e adquisición de vehículos de empresa.


Inversión mínima: 1.500 euros (IVA excluido)
Inversión máxima subvencionable: 50.000 euros.

Cuantía das axudas: ata o 50%, salvo para vehículos que só pode chegar ó 20%

Prazo de solicitude: ata o 31/03/08.

Máis información (DOG 28/02/2008):

http://www.xunta.es/diario-oficial

miércoles, 27 de febrero de 2008

SUBVENCIÓNS PARA NOVAS TECNOLOXÍAS EN COMERCIOS MINORISTAS

Axudas dirixidas a comercios minoristas para a adquisición de: ordenadores de sobremesa (no caso de vendedores ambulantes, subvencionanse: portais, axendas electrónicas, PDA e similares) e aplicacións informáticas adicadas a mellora da xestión comercial, impresoras, equipos multifunción, scaners, servidores, máquinas rexistradoras, terminais punto de venda, lectores códigos de barras, sistemas de medición e peso, sistemas de etiquetado e sistemas antihurto incorporados ó producto, creación de páxinas web e comercio electrónico, fotocopiadoras, teléfono, fax, equipos para tratamento da temperatura do producto..... Non se inclúe: cámaras dixitais, hardware e software que non se poda relacionar cunha mellora da xestión comercial.
Inversión mínima: 1.000 euros (IVA excluido)
Inversión máxima subvencionable: 12.000 euros, salvo para páxinas web e comercio electrónico que será 3.000 euros.
Cuantía: ata o 50%.
Prazo de solicitude: ata o 31/03/08.

Máis información (DOG 22/02/08):

http://www.xunta.es/diario-oficial


jueves, 7 de febrero de 2008

CONTRATACIÓNS INCENDIOS

A empresa pública SEAGA publicou as bases para a elaboración das listas previas para a posterior contratación de persoal para o servizo de incendios en distintas categorías: peóns, peóns especialistas...

Podes inscribirte en un máximo de tres categorías e dous ámbitos territoriais ou zonas xeográficas, e os requisitos a cumprir son:
- Ser español ou ciudadano da Unión Europea.
- Situación de legalidade en España (no caso de extranxeiros).
- Idade: ter cumplidos os 18 anos e non superar os 65.
- Titulación: según categoría, mínimo certificado de escolaridade.
- Non padecer enfermidade ou defecto que inhabilite para o posto.
- Non ter sido separado por expediente disciplinario do servizo en SEAGA ou calquera administración.
- Acreditar coñecementos de galego (diploma ou certificado), senón é necesario superar unha proba oral.

PRAZO DE INSCRICIÓN: finaliza o 19/02/2008

MÁIS INFORMACIÓN: pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, sita na Casa de Cultura ou na páxina web http://www.epseaga.com

martes, 29 de enero de 2008

CURSOS PARA DESEMPREGADOS

O Centro de formación profesional ocupacional de Viveiro convoca para este ano 2008 novos cursos dirixidos a persoas desempregadas inscritas no servizo público de emprego. A continuación, relaciónanse os cursos que teñen previsto o seu inicio para o mes de febreiro:
- Fontaneiro (720 horas).
- Mecánico de mantemento (1.084 horas).
- Electricista de edificios (569 horas).
- Preparador programador de máquinas ferramentas con CNC (894 horas).
Para máis información: pasar polas oficinas do centro, sitas en Rúa Misericordia, 30 , ou chamar o teléfono 982562448.

martes, 15 de enero de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Recopilación de varias ofertas de emprego da zona:
- Necesítanse delegados/as comerciales para a Mariña Lucense. Non é necesaria experiencia, idade de 18 a 45 anos. Soldo fixo máis comisións. Tlf.: 982575122.

- San Cibrao necesitase persoal feminino para empresa manipuladora de peixe conxelado. Tlf.: 982572830.

- FORMEGA selecciona docentes en varias especialidades para diversos centros, incluido o de Viveiro. Interesados remitir currículum ó e-mail: formega@formega.es, ou por correo ordinario a: Avda. del Tranvía, nº 2, 36215 Cabral (Vigo). Tlf.: 986420541.

- PINCHA DISCOS para pub de A Mariña. Chamar a partir das 7 da tarde. Tlf.: 982563447.

- COMERCIAIS zona Mariña Lucense. Non libros nin seguros. Non necesaria experiencia. Soldo fixo e altas comisións. Tlf.: 982575122.

martes, 8 de enero de 2008

RENDA BÁSICA DE EMANCIPACIÓN

Axuda ao aluguer de 210 euros mensuais durante un máximo de catro anos para mozos entre 22 e 30 anos, titulares dun contrato de arrendamento ou que o vaian a ser no prazo de tres meses desde a aprobación provisional da axuda, cunha fonte regular de ingresos inferiores ós 22.000 euros brutos anuais. A axuda pode incluir un préstamo de 600 euros para o pagamento da fianza, e 120 euros para os gastos de constitución de aval.
Máis información pasando pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local ou a Oficina de Xuventude, situada ambas na Casa da Cultura do Vicedo.
Máis información:

jueves, 3 de enero de 2008

CURSOS PARA OCUPADOS

O Concello do Vicedo porpón a tódalas persoas en activo, de alta nalgún réxime da seguridade social: xeral, autónomos, agraria ou réxime especial do mar, varios cursos formativos:
- Elaboración artesanal de conservas e semiconservas.
- Cociña tracicional.
- Repostería caseira.
- Técnicas de poda e enxerto nas árbores froiteiras.
- Horticultura ecolóxica.
- Fruticultura ecolóxica.
A duración é de 30 horas. O horario está por determinar, pero será fóra dos horarios máis habituais de traballo.
Os interesados en un ou varios cursos deben de inscribirse antes do próximo 31 de xaneiro, pasanto pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, situada na Casa de Cultura do Vicedo, ou chamar ó 982590195.