viernes, 25 de abril de 2008

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase persoa para realizar tareas domésticas en vivenda situada en Escourido. A xornada serían 4 ou 5 horas. Si está interesado contactar con Manuela chamando o 982590195.

miércoles, 23 de abril de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

* Multinacional americana selecciona 5 persoas con coche para a zona norte de Lugo. Tlf.: 982575122.

* FLEXIPLAN, E.T.T necesita persoal con coñecementos de automoción para traballar na ITV. Interesados contactar con Laura chamando ó 982267006

* Empresa de Burela selecciona 5 comerciais con coches para a zona da Mariña. Non é necesaria experiencia. Interesados/as chamar o 982575122

* Estudiantes de periodismo co 50% dos créditos aprobados, para facer prácticas remuneradas este verán no Progreso nas delegacións de Lugo, A Mariña, Vilalba, Monforte e Sarria. Interesados contactar con Montserrat chamando o teléfono 982298100/ 626994843, ou enviar un e-mail á dirección de correo electrónico: rrhh@grupoelprogreso.com

viernes, 18 de abril de 2008

AXUDAS VIVENDAS INACABADAS

Axudas para o remate exterior de vivendas situadas no medio rural, que teñan a cuberta, os paramentos exteriores e a carpintería exterior completa e que, contando a vivenda con licenza municipal de obras en vigor.

CUANTÍA DA SOLICITUDE: 30% do presuposto, máximo 6.000 euros.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 16 de xuño do 2008.

AXUDAS CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE MULLERES

BENEFICIARIOS: Empresas, incluidos autónomos, sociedades civís e comunidades de bens, que contraten por conta allea traballadoras.

¿QUE SE SUBVENCIONA? A contratación indefinida inicial ou a transformación en indefinidos de contratos feitos con mulleres maiores de 31 anos.

CUANTÍA DAS AXUDAS: 7.500 euros, salvo no caso de mulleres non incluídas en nigún dos colectivos, que serían 2.000 euros.

PRAZO DE SOLICITUDE: 2 meses desde a contratación, antes do 15 de setembro do 2008. Os contratos realizados entre o 16 de setembro do 2007 e o 16 de abril do 2008, teñen de prazo ata o 31 de maio de 2008.

miércoles, 16 de abril de 2008

SUBVENCIÓN EQUIPAMENTO INDUSTRIAL

A Consellería de Industria e Innovación convocou unhas axudas para a adquisición e renovación de equipamento industrial, para pequenas e medianas empresas de Galicia, xa sexan personas físicas e xurídicas, que acrediten unha antigüedade de dous anos, e que estén inscritos nalgún dos epígrafes que se especifican na orde como subvencionables.
Subvencionase a inversión en adquisición de novo equipamento industrial ou a renovación do existente, sempre e cando, dito equipamento sexa de primeiro uso. O importe mínimo da inversión son 12.000 euros, e en ningún caso, se admitirán inversións en máquinas individuais que teñan un coste inferior a 2.000 euros. O gasto subvencionable deberá ser realizado e efectivamente pagado despois de presentar a solicitude e antes do 17 de novembro do 2008.

A axuda poderá alcanzar ata o 45% da inversión subvencionable no caso de microempresas, ata o 40% no caso de pequenas empresas e o 35% nas medianas. A contribución do beneficiario a financiación da inversión debe de ser como mínimo do 25%.

O prazo de solicitude remata o 14 de maio do 2008.

SUBVENCIÓN REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

A Consellería de Innovación e Industria convocou axudas para pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural (concellos de menos de 5.000 habitantes, ou de máis sempre e cando se sitúen en núcleos que non superen os 1.500 habitantes) que se adhiran á Rede de comercio rural galego. O prazo de presentación remata o próximo 9 de maio, e as axudas poden chegar ata o 70% da inversión en activo fixo, cun máximo de 100.000 euros.

lunes, 14 de abril de 2008

AXUDAS RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN DE HÓRREOS E OUTROS ELEMENTOS DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO

Actuacións subvencionables:

1.- Obras de conservación e mantemento:
- Retellado, reposición ou reparación de cubertas. Non se inclúe a reconstrución total ou parcial das cubertas.
- Traballos de conservación que afecten ós elementos ou materiais de cerramente ou acabamento do interior e do exterior. Sempre que se empreguen os mesmos materiais orixinais.
- Pintura dos recebos dos paramentos con tintas de base mineral, nas cores tradicionais e sempre que supoña a reparación dun revestimento ou acabamento anterior e que sexa coherente co tipo de ben.
- Cambio ou reparación das carpintarías dos ocos, empregando os mesmos materiais.
- Pintura das carpinterías de madeira con lasures ou con tratamentos e poro aberto, con pinturas ao aceite ou con ceras naturais.
- Reparación ou substitución de pezas auxiliares como escaleiras, varandas, canlóns…
- Limpezas e retirada da vexetación do contorno.
- Demolición e retirada dos elementos desconformes con valores etnográficos do ben.

2º.- Obras de restauración que teñan por obxecto a restitución ou mellora do ben, co fin de recuperar o carácter orixinal (necesítase proxecto técnico).

BENEFICIARIOS:

1º.- Hórreos, cabazos, cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos de antigüidade.
2º.- Hórreos, cabazos, muíños, fontes, lavadoiros, fornos…, que teñen a consideración de bens inventariados nas normas complementarias e subsidiarias do planeamento.

CUANTÍA DAS AXUDAS: 60% do coste de execución do proxecto, máximo 2.000 euros no caso de obras de conservación e mantemento, e 6.000 euros no caso de obras de restauración.

PRAZO DA PRESENTACIÓN: ata o 15/07/2008.