jueves, 19 de diciembre de 2013

AXUDAS DO INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)


No enlace que aparece a continuación poden consultar todas as axudas actualmente en vigor do IGAPE para emprendemento, investimentos por parte das empresas, microcréditos, etc.:

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/axudas/0/IGAP


martes, 17 de diciembre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Na Voz de Galicia de hoxe publícase a seguinte oferta de emprego: empresa de mecanizado situada en As Pontes necesita TORNEIRO con experiencia en CNC Fagor, Fanuc. Os interesados en esta oferta laboral poden poñerse en contacto directamente coa empresa chamando ó 981452800

miércoles, 11 de diciembre de 2013

BOLSAS DE FORMACIÓN NO ÁMBITO DA ARTESANÍA

A Excma. Deputación Provincial de Lugo convocou no día de hoxe 2 bolsas para menores de 40 anos, con interese e fomación demostrable no ámbito da artesanía, unha na especialidade de CARPINTERÍA e outra na da CANTERÍA, de 6 meses de duración.

O prazo de presentación de solicitudes e de oito días naturais contados a partir do día seguinte o da publicación, polo tanto, remata o día 19 de decembro.

Máis información:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_9211_1.pdf#PAGE=2

martes, 10 de diciembre de 2013

BOLSAS DE FORMACIÓN DE PERSOAL EN TEMAS DE INVESTIGACIÓN MARIÑA



OBXECTO DA CONVOCATORIA:

Convocatoria de bolsas pola Consellería do Mar para completar a formación  de técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña. Esta orde producirá efectos dende o día seguinte ao da súa publicación no DOG

BENEFICIARIOS:

Para ser beneficiarios cumpliranse os seguintes requisitos:
       - Ter nacionalidade española
 -  Estar en posesión do título de técnico superior dos ciclos formativos de grao superior obtido con posterioridade ao ano 2011 (das familias/especialidades: actividades marítimo-pesqueiras/produción acuícola, química/análise e control e sanidade/anatomía patolóxia e citoloxía).
 -Non estar incapacitado físicamente nin padecer enfermidade que impida a actividade.
 - Non ter disfrutado destas bolsas ou similares en anteriores convocatorias.
 - Ter cursado os seus estudos na Comulnidade Autónoma Galega.

    
NÚMERO DE BOLSAS:

-          Será de nove, e terán unha duración de 2 anos.
-          O importe bruto mensual de cada bolsa será de 715 euros.
-          Os beneficiarios integraranse no réxime  xeral da Seguridade Social.
As bolsas realizaranse no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA). Distribuirase do seguinte xeito: Corón 6 bolsas e Ribadeo 4 bolsas.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

Dirixiranse á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro  da Consellería do Medio Rural e do Mar, preferiblemente por vía electrónica. Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación:
-          Copia do título correspondente.
-          Certificación académica dos estudos realizados.
-          Curriculum vitae.
  
O prazo de presentación será dun mes a partir do día seguinte á publicación do DOG, finaliza o 9 de xaneiro de 2014

Máis información:


martes, 3 de diciembre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

- ENFERMERA titulada para clínica de láser. Tlf.: 625348031 (Tatiana). Zona: Mariña occidental.

viernes, 29 de noviembre de 2013

AXUDAS CONTRATOS DE FORMACIÓN

Esta orde da Consellería de Traballo e Benestar ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá ( no ámbito da C. A. de Galicia), a convocatoria pública das subvencións para o financiamento da formación asociada aos  contratos de formación e aprendizaxe regulados polo R.D 1529/2012 , do 8 de novembro, que exceda o 25%  da xornada laboral.


ENTIDADES BENEFICIARIAS.
      
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas que contratasen traballadores baixo a modalidade do contrato para a formación e a aprendizaje durante o ano 2013 , cunha dedicación ao tempo de formación que exceda o 25% da xornada laboral efectiva do traballador.


REQUISITOS DA CONTRATACIÓN.

A) O contrato para a formación e aprendizaxe deberá celebrarse con traballadores mayores de 16 anos e menores de 30 anos, que carezan de cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo requerida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato.

 B) A duración mínima do contrato será dun ano e a máxima de tres.

DETERMINACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA A ACCIÓN FORMATIVA.

O importe da subvención concretarase no producto das horas de formación que excedan o 25 % da xornada laboral asociadas aos contratos de formación e aprendizaxe polo número de persoas traballadoras contratadas e polo importe do módulo económico . Este importe será de oito euros para a modalidade de formación presencial e de cinco euros para a teleinformación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 29 de decembro de 2013

CONCESION DO SERVIZO DE CAFETARÍA DA CASA DA CULTURA DE O VICEDO

No BOP da provincia de Lugo do día de hoxe publícase o inicio do proceso de Concesión do servizo de cafetería do centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo

Para obter documentación e información sobre o proceso no prazo de 6 días naturais, contados a partir de mañá, de 9:00 a 14:00 hoas, de luns a venres, no propio concello. O prazo de presentación de solicitudes empeza mañá e remata o próximo día 16 de decembro.

O pliego de claúsulas administrativas poderá obterse e consultarse ademáis de nos taboleiros de anuncios do concello e da Casa da Cultura, na seguinte dirección electrónica:

www.concellodovicedo.sedeelectronica.es
(Apartado perfil do contratante)