jueves, 31 de mayo de 2018

PUBLICADAS LISTAS DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A BRIGADA DE INCENDIOS E CONDUCTORES MOTOBOMBA

No día de hoxe, 31 de maio de 2018, publicanse as seguintes listas de admitidos/excluidos provisionais, que no caso do xefe de brigada e do peón-conductor elévanse a definitivas por non haber candidatos/-as excluídos:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-conductor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Conductores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.

As persoas que aparecen como excluídas, poderán formular alegacións ou correxir, no seu caso, os erros que proceda, no prazo de dous días hábiles a contar a partir de hoxe, é decir, os días 01 e 04 de xuño. 

Por outra parte, fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas, que serán:

* Para os conductores-motobomba:

- A proba de esforzo realizarase o día 7 de xuño, ás 9:30 horas, na Casa da Cultura do Vicedo (R. Cidade de Mondoñedo, 23). Os resultados publicaranse a máis tardar o día 11 de xuño no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.

- Os candidatos que superen a proba de esforzo, deberán presentarse para continuar co resto de probas do proceso de selección, o día 12 de xuño de 2018, na Casa da Cultura do Vicedo, ás 12:30 h.

* Para o xefe de brigada, peón-conductor e os 3 peóns da brigada de incendios:

- A proba de esforzo realizarase o día 7 de xuño, ás 9:30 horas, na Casa da Cultura do Vicedo (R. Cidade de Mondoñedo, 23). Os resultados publicaranse a máis tardar o día 11 de xuño no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.

- Os candidatos que superen a proba de esforzo, deberán presentarse para continuar co resto de probas do proceso de selección, o día 14 de xuño de 2018, na Casa da Cultura do Vicedo, ás 12:00 h.


viernes, 25 de mayo de 2018

CURSO DE LINGUAXE DE SIGNOS




Organizado por: Concello de O Vicedo e Consellería de Sanidade (Escola Galega de cidadáns)


Máis información e inscricións, pinchando no seguinte enlace:
https://extranet.sergas.es/FEWEB/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga 
ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo

AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR A XORNADA PARCIAL (20 HORAS/SEMANA)

Prorrogáronse as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunhaAUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas á semana). A data de inicio prevista é o día 1 de xuño, e cunha duración inicial de tres meses. E presentouse no día de hoxe a correspondente oferta na oficina de emprego de Viveiro.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina de emprego de Viveiro ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTAS DE EMPREGO



XOVE: SELECCIÓN URXENTE DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE 1 COIDADOR-A INFANTIL A XORNADA COMPLETA PARA O SERVIZO OFRECIDO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL, dende o 01 de xuño ata o 31 de xullo de 2018. Día da selección: 29 de maio de 2018, presentarse con todad a documentación requerida. CONSULTAR BASES: http://emprego.xove.es/blog

A MARIÑA: PODES ENVIAR O TEU CURRICULUM Á EMPRESA LUCUS NEDA ENCARGADA DE ORGANIZAR CALQUERA SERVIZO DE OCIO DE TIPO EDUCATIVO OU LÚDICO. ESTA EMPRESA LEVA A CABO, ENTRE OUTRAS, ACTIVIDADES DE VERÁN EN CONCELLOS DA MARIÑA.PRECÍSASE ADEMAIS: CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE OU OUTRAS TITULACIÓNS SUPERIORES E/OU RELACIONADAS ESIXIDAS PARA ESTE TIPO DE TRABALLO.  CORREO ELECTRÓNICO: lucusneda@gmail.com

CERVO: Recentemente o Concello de Cervo adxudicou a xestión da súa residencia e centro de día de maiores á Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz.Estas nstitucións situadas en San Cibrao teñen previsto iniciar a súa actividade a partires de xullo con 54 prazas residenciais e 25 de centro de día. No Concello de Cervo informan que para acceder ao proceso de selección é preciso enviar C.V. á propia entidade adxudicataria. TLF.: 925280013 residenciacervo@edaddoradaclm.es  mensajerosdelapaz@edaddoradaclm.es

XOVE: Froitería de Xove precisa con urxencia incorporar na súa empresa unha persoa a xornada completa. Correo electrónico: pek900@hotmail.com

XOVE: CENTRO DE ESTÉTICA MARTA Precisa con urxencia incorporar na súa empresa unha persoa con Formación e/ou Experiencia en Estética. Teléfono de contacto: 639903640


Fundación Equipo Humano. Tlf 671 48 58 63 selecciona:  COCINERO VIVEIRO:  necesitamos una persona residente en Viveiro y/o alrededores que esté interesado y tenga experiencia relacionada con el puesto (ya sea trabajando en caterings, hoteles, restaurantes…) es un trabajo a jornada completa en principio del 25 Mayo al 30, con posibilidad de continuar de cara al verano (salario según convenio) y AYUDANTE DE COCINA VIVEIRO: las mismas condiciones que el cocinero (residencia, experiencia y disponibilidad), lo único que cambian son las
funciones: se encargarán de fregar platos en la pica, así como de prestar apoyo al personal de cocina en distintas labores auxiliares.

miércoles, 23 de mayo de 2018

OFERTA EMPREGO PARA CONTRATACIÓN DE 6 SOCORRISTAS

O Concello do Vicedo presentou a correspondente oferta para a contratación de 6 SOCORRISTAS, subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2017.
 
Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego, e carecer de ocupación según informe de vida laboral, tanto no momento da selección como no da incorporación.
 
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou directamente coa oficina de emprego.

Pode consultar as bases de selección no seguinte enlace:
 http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 21 de mayo de 2018

AXUDAS PARA TRABALLADORES AUTÓNOMOS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, convocou recentemente dous tipos de axuda:

1º) Axudas para ampliar a reducción de cotas da seguridade social para traballadores autónomos.

2º) Axudas para a conciliación por maternidade e paternidade das persoas traballadoras autónomas.

Máis información:
http://emprego.ceei.xunta.gal/axudas-e-subvencions

viernes, 18 de mayo de 2018

SELECCIÓN DE 4 PEÓNS FORESTAIS (NOVE MESES). SUBVENCIONADOS POLO PROGRAMA APROL RURAL

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha axuda para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, para empezar a máis tardar o 29 de xuño de 2018, ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2018.
Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
No día de hoxe presentause a correspondente oferta na oficina de emprego de viveiro. Poden consultar as bases no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0, ou no taboleiro de anuncios do concello