No día de hoxe, 31 de maio de 2018, publicanse as seguintes listas de admitidos/excluidos provisionais, que no caso do xefe de brigada e do peón-conductor elévanse a definitivas por non haber candidatos/-as excluídos:
- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-conductor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Conductores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.
As persoas que aparecen como excluídas, poderán formular alegacións ou correxir, no seu caso, os erros que proceda, no prazo de dous días hábiles a contar a partir de hoxe, é decir, os días 01 e 04 de xuño.
Por outra parte, fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas, que serán:
* Para os conductores-motobomba:
- A proba de esforzo realizarase o día 7 de xuño, ás 9:30 horas, na Casa da Cultura do Vicedo (R. Cidade de Mondoñedo, 23). Os resultados publicaranse a máis tardar o día 11 de xuño no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.
- Os candidatos que superen a proba de esforzo, deberán presentarse para continuar co resto de probas do proceso de selección, o día 12 de xuño de 2018, na Casa da Cultura do Vicedo, ás 12:30 h.
* Para o xefe de brigada, peón-conductor e os 3 peóns da brigada de incendios:
- A proba de esforzo realizarase o día 7 de xuño, ás 9:30 horas, na Casa da Cultura do Vicedo (R. Cidade de Mondoñedo, 23). Os resultados publicaranse a máis tardar o día 11 de xuño no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.
- Os candidatos que superen a proba de esforzo, deberán presentarse para continuar co resto de probas do proceso de selección, o día 14 de xuño de 2018, na Casa da Cultura do Vicedo, ás 12:00 h.
Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.
( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver
todas as publicacións)
No hay comentarios:
Publicar un comentario