A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha axuda para a
contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais,
a xornada completa e durante 9 meses, para empezar a máis tardar o 29
de xuño de 2018, ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se
establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento
do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2018.
Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados,
non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo
público de emprego, tanto no momento da selección como no da
contratación.
No día de hoxe presentause a correspondente oferta na oficina de emprego de viveiro. Poden consultar as bases no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0, ou no taboleiro de anuncios do concello
No hay comentarios:
Publicar un comentario